Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1997 pola que se convoca un curso sobre a Lei do solo de Galicia.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1997, e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso sobre a Lei do solo de Galicia, en colaboración cos colexios provinciais de funcionarios de Admón. local con habilitación

de carácter nacional de Galicia, e a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Análise exhaustiva da normativa urbanística aplicable en Galicia.

2. Destinatarios.

Funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional e funcionarios das entidades locais que desenvolvan a súa actividade en materias de urbanismo.

3. Solicitudes.

Aqueles que aspiren a participar no curso programado deberán solicitalo no modelo oficial que figura ó final da convocatoria e cubrir tódolos epígrafes. Na solicitude faranse consta-los seguintes datos:

1) Describi-lo posto de traballo que actualmente se desempeña, segundo o modelo que figura ó final da convocatoria.

2) Conformidade da entidade na que presta servicios.

A solicitude de incorporación ó curso supón a aceptación expresa das presentes bases e das normas e procedementos polos que se rexe.

4. Tramitación de solicitudes.

As solicitudes dirixiránselle ó director da EGAP e presentaranse no rexistro do Colexio Oficial de Funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional da provincia da Coruña, ou no da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa Madrid 2-4, 15707 , Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse inscricións por telefax: EGAP 981/54 63 37. Colexio Provincial da Coruña 981/22 25 03.

5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 13.30 horas do día anterior ó do comezo do curso.

6. Número de prazas.

Limitadas á capacidade dos locais.

7. Selección.

As prazas existentes en cada localidade adxudicaránselles ás solicitudes que reúnan os requisitos da base 3 por rigorosa orde de entrada no rexistro, tendo en conta para estes efectos tanto a data como a hora.

8. Modificacións.

A EGAP, tras consulta-lo colexio provincial afectado, resérvase a facultade de cancela-lo curso se o escaso número de solicitudes nunha provincia non xustificase a súa realización.

9. Duración.

20 horas lectivas.

10. Datas e lugares.

Entre o 9 de xuño e o 3 de xullo, está previsto realizar previamente unha sesión inaugural.

A Coruña: na sede do Colexio Provincial, r/ Cantón Grande, 16-17, tódolos luns.

Lugo: na sede do Colexio Provincial, r/ Ourense nº 54, entrechán, tódolos xoves.

Ourense: salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública, Avda. Habana, nº 77, tódolos mércores.

Pontevedra: salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, Avda. Montero Ríos, s/n, tódolos martes.

11. Horario.

De mañá e tarde.

12. Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que asistan con regularidade ó curso e non teñan

unha inasistencia igual ou superior ó 15% das horas programadas.

De superaren este límite sexa cal sexa a causa, non se lles expedirá certificado e daranse de baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

13. Valoración.

Para os efectos do establecido na resolución do INAP, do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril e corrección de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas, do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

14. Contido.

A Lei do solo de Galicia: principios xerais e réxime transitorio. Instrumentos de ordenación. Clasificación do solo. Áreas de repartimento. Execución dos plans: sistemas de actuación. Patrimonio municipal do solo. Licencias. Disciplina urbanística.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

4154