Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector da construcción.

Vista a acta da comisión paritaria do convenio colectivo para o sector da construcción da provincia de Pontevedra, do 18-3-1997, onde se acordan os criterios que se seguirán para determinados concellos no caso de que a festa local coincida cun día inhábil para o devandito sector da construcción, ó amparo do disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 28 de abril de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo

da construcción da provincia de Pontevedra

Acta

En Vigo, o 18 de marzo de 1997, na sede da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción (APEC) reúnense as persoas que figuran á marxe, compoñentes da comisión paritaria, co obxecto de adecua-la xornada vixente para o ano 1997, de 1.768 horas de traballo efectivo, e tendo en conta que no calendario laboral vixente para o ano 1997, DOG do 13 de marzo e BOP do 17 do mesmo mes, existen algúns concellos onde a festa local coincide cun día inhábil para o dito sector, seguirase o seguinte criterio:

Nos concellos de Vigo, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Silleda, Baiona e Mondariz, onde unha das dúas festividades de carácter local coincide nun día inhábil para o sector da construcción, pasarase ó día 18 de agosto.

Facúltase a Yolanda Carballo Muñoz, asesora, para a presentación do dito acordo para efectos da súa publicación no BOP de Pontevedra.

E sen nada máis que engadir, levántase a sesión e redáctase esta acta, que asinan en proba de conformidade os asistentes.

Asistentes.

UGT: José C. Rodríguez del Río, Ramón Misa Costas e Cesáreo del Campo Villar.

CC.OO.: Marcos González Oliveira.

CIG: Xosé Xoán Melón González e Alberto Fernández Campo.

APEC: Ricardo Mirón Gutiérrez, Anselmo Hernández Luján e José Liz Rodríguez.

Asesora: Yolanda Carballo Muñoz.

4176