Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da adhesión do convenio colectivo da empresa Vieira, S.A. ó convenio colectivo da empresa Pesquerías León Marco, S.A.

Visto o texto da acta de adhesión ó convenio colectivo da empresa Pesquerías León Marco, S.A., do día 15-4-1997, subscrita pola representación da parte social e empresarial da empresa Vieira, S.A., na que amosan a súa conformidade na adhesión Ó citado convenio colectivo para todo o persoal embarcado nos buques da empresa Vieira, S.A., con base no porto de Vigo, convenio colectivo ó que se adhire, que foi publicado no BOP nº 187 do 26-9-1996,

e no DOG nº 217 do 6-11-1996 que, por economía procedemental, non procede publicar coa presente resolución por terse publicado xa e, por tanto ser de xeral coñecemento, procede que, ó amparo do establecido no artigo 92 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, da adhesión da empresa Vieira, S.A. para todo o seu persoal embarcado nos seus buques, con base no porto de Vigo ó convenio colectivo da empresa Pesquerías León Marco, S.A., que foi publicado no BOP nº 187, do 26-9-1996, e no DOG nº 217, do 6-11-1996, do que o texto, por terse publicado xa para xeral coñecemento nos diarios oficiais citados, e por economía procedemental, se obvia a súa nova publicación coa presente resolución por improcedente, por ser xa coñecido e publicado, e a estas publicacións nos remitimos en toda a súa integridade.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de abril de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

3510