Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.213

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de maio de 1997 pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas.

De conformidade co establecido na base décimo oitava da orde desta consellería do 21 de outubro de 1996 (DOG do 25), pola que se convocaba concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles destino definitivo en virtude de concurso de traslados ós profesores que figuran nos anexos I, II, III, IV, V e VI, nos centros que alí se especifican.

Segundo.-Declarar en situación de expectativa de destino ós profesores que se relacionan no anexo VII.

Terceiro.-Os interesados tomarán posesión dos novos destinos que se lles adxudican por esta orde os días 11 e 12 do próximo mes de setembro, e incorporaranse ós centros el día 15 do mesmo mes. A referida toma de posesión producirá efectos económicos o día 1 de outubro de 1997 e administrativos do día 15 de setembro do mesmo ano.

Cuarto.-Os profesores participantes neste concurso de traslados que presentasen documentación poderán retira-la eles mesmos ou por medio de persoa autorizada no Servicio de Profesorado de Ensinanzas Secundaria e Especiais desta consellería (San Caetano, Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado a partir de transcorridos tres meses desde a publicación da presente orden.

O que comunico a V.I. para o seu coñecemento e demais efectos.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

3907