Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización P.P. de Navia (expediente 3992/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 21 de febreiro de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do plan parcial de Navia, conforme a documentación presentada por Xestur

Pontevedra, S.A., e redactado polo enxeñeiro de camiños Benito Fernández González.

Cumprido o esixido polo dito consello, sométese á información pública polo prazo de quince días, mediante inserción de anuncio no DOG, BOP, un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello.

Significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

Vigo, 5 de maio de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

4155