Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.180

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE LUGO, S.A.

ANUNCIO da convocatoria do concurso das obras de instalacións eléctricas do Parque Empresarial da Pastoriza, 1ª fase. Orzamento total 17.377.716 ptas.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto técnico e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sitas na praza de San Domingos, nº 6-5º, de 11 a 14 horas, de luns a venres, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

As proposicións económicas e demais documentación esixida para concursar, conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas nas oficinas de Xestur Lugo, ata o vixésimo sexto (26) día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

A apertura das proposicións económicas efectuarase o trixésimo (30) día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, ou ó inmediato hábil seguinte se o vixésimo oitavo día natural cae en sábado, domingo ou festivo, ás 17 horas na sala de xuntas de Xestur Lugo.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.