Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A comisión municipal de goberno, en sesión extraordinaria celebrada o día 2 de maio de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa transversal á rúa Pena Nofre, condicionado á aprobación do estudio de detalle.

2º Publicar este acordo en legal forma.

Conforme dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese o expediente á información pública na Casa do Concello, durante o prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio, onde poderá ser examinado e presentárense as alegacións procedentes.

Ourense, 8 de maio de 1997.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

4123