Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

Por resolución desta alcaldía con data do 10 de abril, aprobouse inicialmente o estudio de detalle formulado por Manuel Pérez Pérez referido a rúa prolongación da dos Muíños en fronte das parcelas catastrais 77401.37, 77401.40, 77401.41 e 77401.47, e incluí-las referidas parcelas a área afectada pola suspensión de licencias de edificación, parcelación e derruba.

De conformidade co disposto na lexislación vixente, sométese á información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última publicación regulamentaria do presente edicto, durante o que se poderá examina-lo expediente e formula-las alegacións que se consideren pertinentes ante esta alcaldía.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 10 de abril de 1997.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde

3899