Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 2 de maio de 1997, adoptou o seguinte acordo por delegación da alcaldía:

1. Aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle da UA nº 10 delimitada no PXOU deste concello, promovido pola sociedade Epaat, S.L. e redactado polo arquitecto Santiago Torres Prada, que ten por obxecto axusta-las aliñacións previstas no Plan xeral e ordena-la disposición dos volumes de acordo coas especificacións do planeamento.

2. Aprobar, con carácter inicial, a adopción do sistema de compensación para o desenvolvemento da unidade.

Durante o prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia poderá ser examinado o expediente nas oficinas municipais e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 12 de maio de 1997.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

2966