Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COSPEITO

EDICTO polo que se anuncia o sometemento ó trámite de información pública da aprobación definitiva das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Cospeito.

A Corporación Municipal en Pleno, en sesión extraordinaria celebrada con data 14 de abril do ano 1977, e tendo en conta o informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 19-3-1997, emitido conforme o disposto no artigo 7 e disposición transitoria primeira da Lei 7/1995, do 29 de xuño, acordou aprobar definitivamente as normas subsidiarias de planeamento urbanístico do Concello de Cospeito, excluíndo unicamente da dita aprobación:

a) Os ámbitos delimitados de tódolos núcleos rurais.

b) Os ámbitos de solo urbano dos núcleos de Arneiro, Veiga de Pomar e Muimenta-oeste (MNR-7).

c) O ámbito do espacio natural da lagoa de Cospeito delimitado polas norma provinciais.

d) O apartado 1.4.6 da normativa.

Nestes ámbitos excluídos, en tanto non sexa corrixido o proxecto e informado favorablemente pola dita consellería, serán de aplicación as ordenanzas do solo non urbanizable común e protexido, contidas nos artigos 24 e 31 das normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial.

O que se publica en cumprimento do establecido no artigo 8 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, en relación co artigo 124 do texto refundido la Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana (R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño) e o artigo 7.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local.

Segundo o disposto no artigo 6 da citada Lei 7/1995, o acordo plenario de aprobación das NSPU e da súa normativa e ordenanzas, remata a vía administrativa, polo que se poderá interpoñer contra el recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente da dita xurisdicción do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cospeito, 15 de abril de 1997.

Armando Castosa Alvariño

Alcalde

4128