Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO de aprobación definitiva das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Barro.

O Concello de Barro acordou por unanimidade, en sesión plenaria do 8 de maio de 1997, a aprobación definitiva das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Barro, emitido o informe favorable do conselleiro de Política Territorial, Obras pública e Vivenda, previsto no artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño con data do 20-2-1997.

O que se fai público para os efectos recollidos no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, e faise constar que a eficacia do referido acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor das normas queda condicionada á recepción do acordo xunto co expediente e exemplar do instrumento de planeamento pola Consellería de Ordenación do Territorio, Obras Públicas e Vivenda e á publicación das normas e ordenanzas segundo o establecido no artigo 70.2º da Lei 7/1985, modificada pola Lei 34/1994, do 24 de decembro, e non entrará en vigor ata a publicación íntegra do seu texto e transcorrido o prazo de 15 días indicado no artigo 65.2º da Lei 7/1985.

O citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el cabe interponer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio. A interposición do referido recurso requirirá a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Todo isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Barro, 13 de maio de 1997.

Mª Teresa Roig Olona

Alcaldesa

3319