Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

CONTRATACIÓN por concurso de procedemento aberto do proxecto de pavimentación e capa de rodadura en Parada e outras, programa de acción municipal.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: secretaría. Obxecto do contrato: a pavimentación e capa de rodadura de pistas no rural no concello da Estrada, incluídos no proxecto base, mailos que poidan oferta-los licitadores do anexo. Prazo de execución: catro meses.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Tipo de licitación: 56.000.000 de ptas. Garantía provisoria: 1.112.000 ptas. Garantía definitiva: 2.224.000 ptas., máis unha garantía complementaria equivalente ó 4% das melloras ofertadas.

Obtención de documentación: na secretaría xeral. Información: chamando ó Concello da Estrada, teléfono 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio, na oficina de plicas da secretaría xeral de 9 a 13 horas.

Documentos que hai que presentar:

-Sobre 1: documento xustificativo da personalidade. Declaración de non estar incurso nos supostos do artigo 20 da Lei 13/1995. Certificación de clasificación do contratista no grupo G, subgrupo 6, categoría E. Xustificante de estar ó corrente nas obrigas tributarias e Seguridade Social. Acreditación da solvencia á que se refire o artigo 15 e seguintes da Lei 13/1995 e fianza provisional.

-Sobre 2: oferta económica adaptada ó modelo.

-Sobre 3: melloras no proxecto adaptadas ó modelo. Compromiso de reducción do prazo de execución da obra.

As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura, en acto público, dos sobres de documentación, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser inhábil ou sábado, trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. A valoración do concurso levarase a cabo con posterioridade.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 19 de maio de 1997.

O alcalde

Rubricado

4152