Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1997 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, publicada no DOG do 2 de xullo de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Actualización do proxecto de recuperación dos ríos Barbaña e Barbañica (Ourense).

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Orzamento: 748.727.000 ptas.

-ETAP e mellora do abastecemento de auga a Ribadeo (Lugo).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 239.410.458 ptas.

-Asistencia técnica para tramitación dos expedientes de expropiación dos bens afectados pola construcción do encoro de Caldas de Reis no río Umia.

Adxudicatario: Topogray, S.L.

Orzamento: 26.407.052 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas

de Galicia

3908