Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997 pola que se fan públicas as resolucións de outorgamento de concesións en terreos de dominio público portuario que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente

aplicación, acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa, as concesións en dominio público portuario que a continuación se citan, coa suxeición ás condicións estipuladas naqueles actos.

Resolución: 2-4-1997.

Obxecto: instalación dun colector de saneamento.

Porto: Canido.

Adxudicatario: Concello de Vigo.

Prazo: 20 anos.

Resolución: 2-4-1997.

Obxecto: lonxa do porto.

Porto: Muros.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Muros.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 15-4-1997.

Obxecto: lonxa nova do porto.

Porto: Sada.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Sada.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 17-4-1997.

Obxecto: Instalación de báscula para pesaxe de mexillón.

Porto: Illa de Arousa (peirao do Xufre).

Adxudicatario: Juan Carlos Viñas Suárez.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 25-4-1997.

Obxecto: lonxa do porto.

Porto: Camelle.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Camelle.

Prazo: 5 anos.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

3957