Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.147

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Productos Congelados, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Productos Congelados, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-4-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 4-4-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación Provincial de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de abril de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Productos Congelados, S.A.

I. Disposicións xerais.

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio afectará soamente a empresa Productos Congelados, S.A., con centro de traballo en Vigo.

Artigo 2º.-Ámbitos persoal e territorial.

Por ser de empresa, afectará a todo o seu cadro de persoal, e igualmente quedará sometido a este convenio todo o persoal que entre a prestar servicios na empresa no sucesivo.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día 1º de xaneiro de 1997 e deberá ser publicado no BOP, unha vez homologado polas autoridades laborais.

Artigo 4º.-Duración.

A duración deste convenio será de dous anos, e prorrogarase tacitamente por períodos anuais e, de

non denunciarse con tres meses de antelación con respecto á data do seu remate, os salarios sufrirán un incremento polo menos igual ó IPC do ano 1988.

Artigo 5º.-Compensación ou absorción.

As melloras económicas obtidas no presente convenio non poderán ser absorbidas nin compensadas por ningún tipo de melloras legais ou regulamentarias anteriores.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Queda fixada a duración máxima da xornada ordinaria de traballo en corenta horas semanais, cun horario continuado de oito horas en cada quenda e cun período de descanso de quince minutos.

Artigo 7º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará dun período anual de vacacións de trinta días naturais, dos cales se desfrutarán vintedous días no mes de agosto, tres días en Semana Santa e os cinco días restantes negociados entre a empresa e o comité para fixa-lo seu desfrute. Aquel persoal que non desfrute das vacacións regulamentarias causase baixa temporal por enfermidade, terá dereito unha vez que remate a súa situación de IT, a recupera-los días de vacacións, na data que determine a empresa.

Artigo 8º.-Licencias.

O capítulo de licencias retribuídas queda da seguinte maneira:

-Por matrimonio desfrutaranse 18 día naturais.

-De catro día naturais naqueles casos de enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos, pais políticos, irmáns e avós, sempre e cando sexa necesario o internamento en clínica para intervención cirúrxica. No caso de que o feito supoña desprazarse fóra da provincia, será dun día máis. No caso de que a enfermidade non precise internamento, serán dous días naturais, os mesmos que se precisase internamento, pero sen intervención cirúrxica.

-De catro días naturais en caso de falecemento do cónxuxe, pais, fillos, pais políticos, irmáns e avós. Naqueles casos nos que o cuarto día de acontecido o óbito coincida en festivo, este prazo ampliarase un día máis. Tamén se incluirán os irmáns políticos.

-No caso de falecemento doutros familiares, como tíos, primos, etc. ou outros familiares directos que convivisen co traballador, concederase un día de licencia. Se non convivisen, o permiso será de tres horas o día do enterro.

-Polo concepto de matrimonio dos fillos ou irmáns dos traballadores, concederase unha licencia dun día, sempre e cando coincida o dito acto en día laborable.

Lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de interrupción da súa xornada de traballo, que poderán optativamente dividir en dúas fraccións. Pola súa vontade, poderán substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora durante nove meses, ou tamén reducila durante unha hora por un período de 4 œ meses.

II. Condicións económicas.

Artigo 9º.-Salarios.

Os salarios serán os establecidos na táboa salarial anexa e terán a súa aplicación desde o 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro do mesmo ano.

Para o ano 1998 o incremento será do 4% sobre tódolos conceptos económicos.

Artigo 10º.-Plus de transporte.

Durante a vixencia do presente convenio, o plus de transporte queda fixado en 11.745 pesetas mensuais ou 470 pesetas por día real traballado, e a súa liquidación será mensual.

Artigo 11º.-Plus de asistencia.

Durante o presente convenio, o plus de asistencia establécese cunha contía de 3.830 pesetas mensuais ou 153 pesetas por día real traballado, e a súa liquidación será mensual.

Premio de asistencia, puntualidade e permanencia no posto de traballo.

A gratificación mensual por este concepto será de 3.000 pesetas para tódolos traballadores que no transcurso do mes reúnan as seguintes condicións:

a) Que non cheguen ningún día tarde.

b) Que non abandonen o seu posto de traballo con ningún tipo de permiso.

c) Que non falten ó traballo por enfermidade ou calquera outra causa.

d) En caso de que algún traballador, durante a súa xornada, sufrise un accidente de traballo e causase baixa laboral, non perderá este premio.

e) Os membros do comité de empresa, para o exercicio propio das súas funcións, disporán dun crédito mensual de quince horas e, se non exceden deste tempo, non perderán este premio. Non obstante, os compoñentes do citado comité comprométense a non saír máis dun membro por quenda de traballo.

f) No caso de falecemento ou internamento en clínica dalgún familiar directo (cónxuxe, fillos, pais ou irmáns), non se perderá este premio.

Non terán a consideración de internamento as asistencias nos servicios sanitarios de urxencias.

Quedan excluídos deste premio o persoal administrativo, así como todo o persoal encadrado nos grupos de cotización do 1 ó 3.

É obrigatorio para todo o persoal que fixe nos seus cartóns do reloxo-fichador as súas horas de entrada e saída.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Os complementos persoais de antigüidade serán dun 6 % sobre o salario do convenio por cada trienio, con carácter acumulativo e sobre os salarios correspondentes a cada momento. O tope máximo de trienios será de cinco.

Non obstante, a todo o persoal con antigüidade anterior á entrada en vigor do presente convenio apli

caráselle un 6 % os dous primeiros trienios e un 8 % a partir do terceiro trienio, ata un máximo de seis.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

Realizaranse as imprescindibles para atender necesidades urxentes e inaprazables, e sempre se as necesidades da empresa o requiren, para compensa-las horas perdidas por baixas de enfermidade, accidentes, permisos, licencias, vacacións, etc.

Na carga e descarga de camións de calquera natureza.

O importe das horas extraordinarias será de 950 pesetas para tódalas categorías e, se se efectúan en sábado, o seu importe será de 1.390 pesetas, e as dos domingos, 1.670 pesetas.

Artigo 14º.-Prima de frío.

Esta prima queda fixada en 7.235 pesetas.

En todo caso, este complemento de posto de traballo está destinado a aquel persoal que efectúe traballos de forma habitual relacionados coas cámaras frigoríficas, entendéndose como tales o almacenamento, estiba e desestiba dos productos conxelados que nelas se almacenan.

No caso de que algunha das persoas adscritas a estas seccións faltase ó seu posto de traballo e fose substituída por outra persoa a xornada completa, o substituto cobrará a parte proporcional dos días traballados, e descontaráselle o importe ó substituído.

Artigo 15º.-Pagas extraordinarias.

Serán as establecidas na vixente ordenanza laboral para as industrias de alimentación, na contía dos salarios especificados no presente convenio.

Artigo 16º.-Paga de beneficios.

Esta paga, de igual contía cás extraordinarias, será aboada no transcurso do mes de marzo de cada ano.

II. Condicións asistenciais.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará a todo o persoal de dúas pezas de roupa de traballo ó ano, que se poderán ampliar a outra peza máis no caso extremo de deterioración, logo de xustificación do seu estado de conservación, e todo o persoal estará obrigado a procura-lo maior coidado na conservación da roupa que se lle entrega.

Artigo 18º.-Xornada de verán-persoal oficina administrativa.

Todo o persoal afecto a este departamento realizará desde o día 15 de xuño ata o 15 de setembro, ámbalas datas inclusive, unha xornada extraordinaria de traballo con horarios de 8 a 14.30 horas, agás os sábados, nos que a xornada será de 9 a 13 horas.

Artigo 19º.-Admisión novo persoal.

Para a admisión de novo persoal teranse en consideración os fillos e familiares dos traballadores da empresa, sempre e cando reúnan as características do posto de traballo que se vaia cubrir e se adapten

á política salarial vixente en cada momento na empresa.

Artigo 20º.-Accidentes de traballo.

No caso de que algún traballador sufra un accidente no seu posto de traballo, a empresa aboaralle o complemento necesario para que, sumado á prestación da mutua correspondente, se alcance o 100% do salario do convenio.

Inclúese neste apartado que o accidente aconteza unha hora antes ou despois da xornada habitual de traballo.

Artigo 21º.-Baixa por enfermidade.

A empresa aboará o complemento necesario para que todo o persoal que cause baixa laboral por enfermidade, por primeira vez no ano, perciba o 100 % do salario do convenio.

Igualmente o percibirán os traballadores que durante a súa baixa por enfermidade precisasen internamento hospitalario e polo tempo que estean efectivamente internados, e para iso será preciso que o xustifiquen adecuadamente.

Para evitar posibles situacións inconvenientes, procédese a crear unha comisión de seguimento do absentismo de todo o persoal, que estará formada por dous compoñentes do comité e dous representantes que designará a empresa, que se encargarán de estudiar mensualmente o absentismo que se produza nestes períodos.

Artigo 22º.-Premio xubilación.

Todo aquel persoal que se xubile voluntariamente de maneira anticipada percibirá un premio de acordo coa seguinte escala:

-Ós 60 anos: 9 mensualidades de salario de convenio.

-Ós 61 anos: 7 mensualidades de salario de convenio.

-Ós 62 anos: 4 mensualidades de salario de convenio.

-Ós 63 anos: 2 mensualidades de salario de convenio.

-Ós 64 anos: 1,5 mensualidades de salario de convenio.

O persoal, na súa xubilación regulamentaria ós 65 anos, percibirá ademais da súa liquidación correspondente, œ mensualidade do seu salario de convenio, en concepto de gratificación.

IV. Disposicións varias.

Artigo 23º.-Faltas e sancións.

Para xeral coñecemento de todo o persoal, detállanse en relación á parte as causas que poden constituír infracción laboral.

Artigo 24º.-Código de normas hixiénico-sanitarias.

Serán de aplicación as normas que se especifican en detalle á parte.

Artigo 25º.-Garantía «ad personam».

As condicións laborais pactadas neste convenio enténdense sempre co carácter de mínimas, e deberán ser respectadas as condicións laborais de todo tipo que veñan desfrutando os traballadores en canto son máis beneficiosas cás aquí establecidas.

Artigo 26º.-Comisión paritaria.

Para a vixilancia e cumprimento do pactado por ámbalas partes neste convenio, crearase a comisión paritaria, e a súa presidencia recaerá no director-xerente da empresa e que estará composta por tódolos membros que deliberaron neste convenio. Esta comisión actuará no ámbito da súa competencia sen invadi-las esferas daqueles organismos que teñan unha determinada e concreta competencia recoñecida na normativa de convenios colectivos sindicais.

Artigo 27º.-Cláusula final.

Para todo o non previsto neste convenio, observarase o disposto na vixente Lei do Estatuto dos traballadores, ordenanza laboral e outras disposicións de carácter xeral.

A comisión negociadora do presente convenio estivo composta, na parte económica, pola dirección da empresa, e na parte social polo comité de empresa.

Lido o texto do presente convenio, as partes deliberantes económica e social acordan a súa aprobación e asínano en proba de conformidade o 5 de abril de 1997.

Pola parte económicaPola parte social:

Director-xerente

Faltas e sancións.

Faltas leves.

1. Entrar con atraso ó traballo, máis de cinco veces durante o mes, ou se o total dos atrasos totalizan máis de 30 minutos ó mes.

2. Manter discusións cos compañeiros de traballo, ou falar en ton airado sobre asuntos estraños ó traballo.

3. As faltas de aseo ou de limpeza.

4. Non comunicar con antelación, podendo facelo, a falta de asistencia ó traballo. En todo caso, as faltas ó traballo deberán ser debidamente xustificadas, xa que en caso contrario se considerará como ausencia do traballo sen licencia e terá carácter de falta grave.

5. Non acudir ó posto de traballo antes ou despois de asistir á consulta médica da Seguridade Social.

6. Neglixencia na conservación material de traballo (utensilios, ferramentas, uniformes, etc).

7. Non atende-lo público coa dilixencia e corrección debidas.

8. A utilización para usos particulares dos uniformes que se entregan como roupa de traballo, ou saír do recinto da fábrica vestido co uniforme.

9. Non rexistrar na tarxeta ou cartón o control de entrada e saída (picar).

10. Non comunica-los cambios da situación familiar dentro dos cinco días seguintes ó feito que os produceu. Se esta falta é maliciosa, considerarase como grave ou moi grave, segundo as circunstancias.

11. Non observa-las normas hixiénico-sanitarias que se detallan especificamente no código hixiénico-sanitario actualmente en vigor da empresa.

12. As que, pola súa entidade e carencia de efectos duradeiros ou de transparencia ó réxime de traballo ou seguridade deste, sexan asimiladas ás xa especificadas.

Faltas graves.

1. As cometidas contra a disciplina de traballo ou contra o respecto debido a superiores, compañeiros ou subordinados.

2. Simula-la presencia doutro traballador picando por el.

3. Ausentarse do traballo sen permiso, dentro da xornada.

4. Finxir enfermidade ou pedir permiso alegando causas non existentes.

5. A neglixencia ou desidia no traballo.

6. A imprudencia no acto de servicio. Se implicase risco de accidente para el ou os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, será considerada como falta moi grave.

7. Diminución voluntaria no rendemento normal do traballo.

8. Non acata-las instruccións da empresa para o desempeño do seu labor ou resistirse de calquera forma a cumprila.

9. Atoparse durante as horas de traballo sen vestir a roupa do uniforme regulamentario ou usar de forma incompleta a que o fose, tanto nas instalacións da empresa como cando están realizando traballos para esta fóra dela.

10. Fumar durante a xornada de traballo naqueles lugares nos que a empresa o teña prohibido.

11. Introducir no centro de traballo persoal alleo á empresa, sen autorización da dirección.

12. A reincidencia en faltas leves dentro do termo de 3 meses.

13. Cantas outras se produzan, de características análogas ás enumeradas.

Faltas moi graves.

1. A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas pola empresa, o furto ou roubo, tanto ós compañeiros de traballo como á empresa ou a terceiros estraños dentro das dependencias da empresa ou durante actos de servicio en calquera que sexa o lugar.

2. Facer desaparecer, inutilizar ou causar calquera clase de danos nas primeiras materias, productos elaborados, utensilios, ferramentas, máquinas, instalacións, edificios, enxoval ou documentos da empresa, etc.

3. Os malos tratos de palabra e obra ou a falta grave de respecto e consideración ós xefes ou ós seus familiares e ós compañeiros ou subordinados.

4. O quebrantamento ou violación de segredos ou de calquera materia de reserva obrigada da empresa.

5. Revelar a elementos estraños á empresa, datos, peculiaridades ou incidencias no proceso de elaboración de productos ou manipulación de materias primas.

6. Dedicarse a actividades que impliquen competencia á empresa.

7. A embriaguez ou toxicomanía habitual, se repercute no traballo que se desenvolva.

8. A reincidencia en faltas graves dentro do termo dun ano.

9. Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

10. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do traballo.

11. Os actos de sabotaxe, a incitación a estes e os de coacción ós compañeiros.

12. O falseamento da información que estea obrigado a facilitarlle á empresa.

13. A negativa a se someter ós recoñecementos médicos, vacinacións ou análises que puidese acorda-la empresa, para o perfecto estado sanitario do persoal, debido ás características desta.

14. A ineptitude do traballador respecto á ocupación ou traballo para o que foi contratado.

15. Calquera outra de características similares ás enumeradas.

Sancións.

Faltas leves.

-Amoestación verbal ou escrita.

-Suspensión de emprego e soldo durante un día.

Faltas graves.

-Suspensión de emprego e soldo de 2 a 5 días.

-Recarga ata o dobre dos anos por aumentos por anos de servicio (antigüidade).

-Inhabilitación por prazo inferior a 4 anos para pasar a superior categoría.

Faltas moi graves.

-Perda temporal ou definitiva da categoría.

-Suspensión e emprego e soldo de 15 a 60 días.

-Despedimento.

Circular nº 1

Código de normas hixiénico-sanitarias e recomendacións para o persoal.

1. A primeira operación que se debe efectuar en canto se chega á fábrica é o cambio de roupa de

rúa e calzado polo uniforme de traballo adecuado e sempre limpo, que se cambiará diariamente se fose preciso, e mesmo durante a xornada de traballo, sempre que se realicen operacións diferentes que así o requiran.

2. Unha vez efectuado o cambio de roupa e calzado, acondicionada nos seus correspondentes gardarroupas e gardazapatos a de rúa, é obrigatorio o lavado de mans e antebrazos con abundante auga quente e xabrón antiséptico. Unha ducha previa ó vestido do uniforme de traballo sería a mellor medida hixiénica.

3. A entrada na nave de fabricación farase sempre, polo tanto, con uniforme adecuado e mans limpas.

4. Os vestidos de traballo e as puchas e cofias e redes deben estar perfectamente adaptados durante as horas de traballo, para evitar que sexan lixados polas mans ou calquera outro contacto, e evitar así posibles focos de infección.

5. O contacto das mans cos alimentos é sempre perigoso, moi perigoso pero, non obstante, non pode ser sempre prohibido, e daquela, farase uso das luvas de goma. Pero por iso é necesario ese lavado a fondo de mans e antebrazos con auga quente e xabrón antiséptico antes de comeza-lo traballo, durante este e sempre que se tivese necesidade de efectua-las propias e naturais evacuacións, así como cando se efectúa un cambio de traballo; o secado farase con toallas dun só uso ou sistema similar.

6. As unllas estarán sempre limpas e ben coidadas, recortadas nos homes e sen esmalte nas mulleres. Os cepillos de unllas deben ser de plástico con serdas de nailon, e desinfectaranse diariamente cunha solución de hipoclorito. Os reloxos, aneis, etc..., non se usarán durante a xornada de traballo.

7. Os cabelos, que son receptáculos e distribuidores de microorganismos, deben estar coidados e inmobilizados adecuadamente. O persoal masculino coidará ó máximo o aseo de barba e cabelo. Cada vez que se tuse, espirra ou fala, lánzanse ó ambiente nubes de microorganismos; por iso, é aconsellable non falar durante as horas de traballo e usar máscara para a boca. Fedellar ou rascar no nariz supón levar xermes nos dedos, polo que se suprimirá este hábito.

8. En todo momento se evitará que os alimentos se contaminen con transpiración, pelos, cosméticos, medicamentos, etc. Non se aproveitarán os alimentos que caian no chan.

9. Está terminantemente prohibido cuspir no chan e utiliza-los utensilios, envases ou elementos empregados na elaboración de productos, culleres por exemplo, para tomar bebidas. Tamén se prohibe fumar, comer, mascar chicle.

10. Non se poderán deixar ou depositar roupas, zapatos, botas, mandís, panos de limpeza, etc, nos locais de fabricación; deixaranse nos lugares previstos para tal fin. Ningunha dependencia da fábrica poderá empregarse para fins distintos dos especificamente determinados; por exemplo, os servicios de váter son para ese exclusivo uso e non para tomar un bocadillo e fumar un cigarro, por exemplo.

11. O persoal debe estar exento de enfermidades infecciosas agudas ou crónicas e de certas outras como eccemas, unlleiros, feridas infectadas, etc, no momento da súa contratación. Os cortes, queimaduras e outras superficies erosionadas poden albergar xermes, polo que é obrigatorio cubri--las ditas lesións con apósitos impermeables. Cando unha lesión se atope claramente infectada, como demostra a inflamación e a formación de pus, tanto se atope nas mans coma en calquera outra parte do corpo, as persoas afectadas absteranse de manexar alimentos.

12. Realizaranse exames médicos do persoal e o control de portadores, e deberá incluír antíxeno VI en soro sanguíneo, bacteriolóxico de gorxa e nariz para estafilococos, coagulasa + e das feces e ouriños.

13. Manterase dunha maneira permanente a vixilancia e control de tódalas medidas hixiénicas.

14. Daranse charlas e conferencias para explica-las medidas hixiénicas adoptadas e facilitar así a súa aplicación.

Táboa salarial 1997

Categoría profesionalGrupo tarifaPesetas

1) Técnicos titulados:
De grao superior1115.330
De grao medio2104.180

2) Técnicos non titulados:
Encargado xeral392.800
Mestro de fabricación489.215
Xefe de taller489.215
Encargado de sección487.185
Auxiliar de laboratorio779.885

3) Oficina técnica de organización:
Xefes de primeira392.800
Xefes de segunda391.125
Técnico de organización de primeira589.215
Técnico de organización de segunda587.185
Auxiliar de organización779.885

4) Técnicos de procesos de datos:
Xefe de proceso de datos292.800
Analista391.125
Xefe de explotación391.125
Programador de ordenador389.215
Programador de máquinas auxiliares389.215
Operador de ordenador584.510

5) Administrativos:
Xefe de administración de primeira3107.930
Xefe de administración de segunda3104.180
Oficial de primeira589.215
Oficial de segunda584.510
Auxiliar779.885
Aspirante857.515
Telefonista776.155

6) Mercantiles:
Xefe de vendas3104.180
Inspector de vendas497.645
Promotor-viaxante484.510
Vendedor con autovenda593.390
Corredor de praza593.390

7) Obreiros:
Oficial de primeira884.510
Oficial de segunda879.885
Axudante976.155

Categoría profesionalGrupo tarifaPesetas

8) Persoal de acabado, envasado e empaquetado:
Oficial de primeira878.070
Oficial de segunda877.060
Axudante976.155
Aprendiz1153.730

9) Persoal de oficios auxiliares:
Oficial de primeira884.510
Oficial de segunda879.885

10) Peonaxe:
Peón1076.155
Persoal de limpeza1074.270

11) Subalternos:
Almaceneiro679.885
Conserxe678.070
Cobrador678.070
Basculeiro-pesador678.070
Garda-xurado678.070
Garda-vixilante678.070
Ordenanza678.070
Porteiro678.070
Mozo de almacén678.070

97-3368