Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.113

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de abril de 1997 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado de ensinanzas musicais Cantiga, de Sarria (Lugo).

A Comunidade Autónoma de Galicia ten recoñecido no artigo 31 do seu Estatuto de autonomía a plena competencia para o regulamento e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis, graos, modalidades e especialidades. Así mesmo, o artigo 27 do dito estatuto recoñécelle a competencia exclusiva en materia conservatorios de música.

Segundo o artigo primeiro do Decreto 346/1996, do 3 de setembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, correspóndenlle a esta as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e Administración do ensino regrado en toda a súa extensión, niveis, graos, modalidades e especialidades.

O Real decreto 389/1992, do 15 de abril, determina os requisitos mínimos que deberán reuni-los centros para imparti-las ensinanzas artísticas regradas que establece o capítulo primeiro, título II, da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

O Decreto 253/1995, do 29 de setembro, sobre autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, dispón que a apertura e funcionamento de centros privados que impartan ensinanzas de música se someterá ó principio de autorización administrativa e que a dita autorización se concederá sempre que os centros reúnan os requisitos mínimos establecidos polo Real Decreto 389/1992, do 15 de abril.

Presentado expediente de autorización para a apertura e funcionamento, na vila de Sarria (Lugo), dun centro privado de ensinanzas musicais de grao elemental e profesional e vistos os informes que emiten os servicios correspondentes da delegación provin

cial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Lugo,

DISPOÑO:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro privado de ensinanzas musicais Cantiga, de Sarria, de grao elemental e profesional, segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-En cumprimento do que establece a disposición adicional terceira do Decreto 253/1995, do 29 de setembro, o centro autorizado de ensinanzas musicais Cantiga, de Sarria queda adscrito, para efectos administrativos, ó conservatorio profesional de música de Lugo.

Terceiro.-A autorización de apertura e funcionamento deste centro producirá efectos a partir do curso académico 1997/98.

Cuarto.-De acordo co disposto no artigo 23 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá á revogación da presente autorización se o centro deixara de reunir calquera dos requisitos mínimos establecidos no Real decreto 389/1992, do 15 de abril.

Quinto.-Esta orde entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Denominación específica: centro autorizado elemental e profesional de ensinanzas musicais Cantiga.

Titular: Manuel Randulfe Jácome.

Domicilio: Avda. da Merced, nº 58.

Localidade: Sarria.

4002