Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.113

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de maio de 1997 pola que se autoriza a inclusión das escolas de música municipais das Neves e de Barbadás no Rexistro de Escolas de Música.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música ou de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra parte, o Decreto 346/1996, do 13 de setembro, no seu artigo 1º establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e Administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentadas as solicitudes de inclusión no rexistro de escolas de música polos concellos das Neves e de Barbadás, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-As escolas, das que os datos se sinalan no anexo a esta orde quedan incluídas no Rexistro de Escolas de Música.

Segundo.-As escolas de música citadas no dito anexo quedan sometidas ó réxime de escolas de música e danza, segundo se establece na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril de 1993) e ós servicios de inspección correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia de Ourense

Denominación específica: Escola Municipal de Música de Barbadás.

Titular: Concello de Barbadás.

Enderezo: Casa da Cultura. A Valenzá. Rúa San Bernabé nº 37.

Localidade: Barbadás.

Provincia: Ourense.

Provincia de Pontevedra

Denominación específica: Escola Municipal de Música das Neves.

Titular: Concello das Neves.

Enderezo: Casa da Xuventude. Rúa Entrecines nº 10.

Localidade: As Neves.

Provincia: Pontevedra.

4041