Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.112

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de abril de 1997 pola que se autoriza o cesamento de actividades no centro privado de educación infantil San Antonio de Lugo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación infantil San Antonio de Lugo en solicitude de cesamento de actividades no dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 15 de outubro de 1981, a autorización para unha unidade de educación preescolar.

Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo.

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, xuntando o preceptivo informe, así mesmo favorable, da Inspección de Educación.

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15-12-1995), pola que se desenvolve o antedito decreto. Esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado de educación

infantil que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia de Lugo

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: Río Lor, 6.

Denominación: San Antonio.

Titular: Mª Carmen Oro Guerreiro.

Autorización do cesamento de actividades do centro.

4001