Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.112

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 20 de maio de 1997 pola que se fixan as retribucións que percibirán os recadadores.

O capítulo VI do título II do Decreto 90/1997, do 10 de abril, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona, refíre se ás retribucións que van percibi-los recadadores, e sinala que estas se cifrarán nunha porcentaxe dos ingresos obtidos, coa posibilidade de establecer un límite máximo respecto de cada valor, deixando o seu sinalamento ás disposicións regulamentarias emanadas da Consellería de Economía e Facenda.

Por isto, en uso da autorización contida na disposición adicional do referido decreto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Os recadadores percibirán a retribución que resulte das seguintes táboas:

Zona da Coruña.

Entre 0 e 250.000.000: 20%.

A partir de 250.000.001: 10%.

Zonas de Lugo, Pontevedra e Ourense.

Entre 0 e 160.000.000: 20%.

A partir de 160.000.001: 10%.

Zona de Vigo.

Entre 0 e 210.000.00: 20%.

A partir de 210.000.001: 10%.

2. As porcentaxes sinaladas nas táboas anteriores aplicaranse sobre a suma dos ingresos que sexan imputables a cada zona e que correspondan a providencias de constrinximento cun importe que non exceda de 5.000.000.

3. Non se aplicarán as táboas a que se refire o punto 1 deste artigo ós ingresos correspondentes a providencias de constrinximento cando o importe exceda de 5.000.000 de pesetas. Nestes supostos, a retribución dos recadadores establecerase por cada valor, aplicando ós ingresos que obteña a seguinte táboa:

Entre 0 e 5.000.000: 20%.

De 5.000.001 a 10.000.000: 10%.

De 10.000.001 a 100.000.000: 2,5%.

A partir de 100.000.001: 0,5%.

Cando en relación con estes valores se produzan ingresos parciais, a porcentaxe de retribución correspondente determinarase acumulando ó pagamento parcial de que se trate tódolos efectuados con anterioridade.

Artigo 2º

Para o ano 1997, a asignación mínima a que se refire o artigo 31 do Decreto 90/1997, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto do s recadadores de zona ascenderá a 5.194.397 ptas.

Artigo 3º

As retribucións a que se refiren os artigos anteriores non inclúen o imposto sobre o valor engadido.

Artigo 4º

Cando as circunstancias o aconsellen, poderanse revisa-los criterios retributivos establecidos nesta orde e poderán, igualmente, fixarse límites máximos ós resultados da súa aplicación.

Artigo 5º

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

3886