Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (P.U. 8/1997).

A Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria celebrada o día 24 de abril de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da rúa Nuño de Ousende -terminación zona 4B do SU-22, por instancia de José Vila Rejo, logo de constitución de garantía polo importe de catorce millóns cento oitenta e dúas mil seiscentas oito (14.182.608) pesetas.

A dita aprobación queda condicionada á autorización do aproveitamento baixo rasante para garaxe-aparcamento que se entenderá outorgada pola concesión da licencia das obras sempre que se inclúa o dito aproveitamento na memoria e planos.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros se así o cre conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puideran concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de abril de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

3791