Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1997 pola que se anuncia concurso público para a construcción e explotación dun estacionamento para vehículos na rúa do Mestre Vide (explanada fronte a policía nacional).

Aprobado en sesión plenaria, do 11 de abril de 1997, o anteproxecto de aparcamento subterráneo na r/ Mestre Vide (explanada fronte á policía nacional), publícase o anuncio do dito concurso:

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que tramita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: Ref. 1062.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: concurso de establecemento dunha concesión administrativa para o uso privativo do subsolo coa construcción dun aparcamento subterráneo e a subseguinte xestión do aparcamento de servicio de estacionamento público para vehículos na rúa do Mestre Vide (explanada fronte á policía nacional).

2.2. Duración da concesión: o prazo máximo da concesión será de 50 anos, contados a partir da data da recepción das obras.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Trámite: ordinario.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Canon.

4.1. O concursante ofrecerá na súa proposición o canon anual que se aboará ó concello.

5. Fianzas.

5.1. Provisional: 3.000.000 de ptas.

5.2. Definitiva: será do 4% do orzamento das obras.

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 38 81 33.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e que acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica e non estean incursas en causas de prohibición ou incompatibilidade.

7.2. Clasificación do contratista:

-Grupo A, subgrupo 1, categoría e.

-Grupo C, subgrupos 2, 6 e 7, categoría e.

-Grupo E, subgrupo 1, categoría e.

-Grupo G, subgrupos 3 e 6, categoría e.

-Grupo I, subgrupos 1 e 9, categoría e.

-Grupo J, subgrupo 2, categoría e.

-Grupo K, subgrupos 6 e 9, categoría e.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación das proposicións: 30 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o último anuncio no BOE, DOG ou BOP, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, nº 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: tres meses, como máximo, contados a partir da apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: concello de Ourense, no salón de sesións.

9.2. Enderezo: Praza Maior, nº 1.

9.3. Localidade: Ourense.

9.4. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no artigo 12 do prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso.

11. Gastos dos anuncios.

Os gastos que xere esta licitación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 21 de abril de 1997.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

3790