Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (64/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión extraordinaria, do día 2 de maio de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación da unidade de execución da zona 2 do SU-24 por instancia de David González Fernández.

De conformidade co disposto no artigo 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, á exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 7 de mayo de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

4062