Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamento de zona de mortuorio para os hospitais comarcais Costa da Morte (Cee) e Barbanza (Ribeira). (SCC 20/1997) (lote único).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: equipamento de zona de mortuorio para os hospitais comarcais Costa da Morte (Cee) e Barbanza (Ribeira). (SCC 2=/1997). (Lote único).

Orzamento: 11.588.000 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 231.760 ptas.

Fianza definitiva: 463.520 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 1997.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16.1 a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Composición e características técnicas do equipo ofertado: ata 70 puntos.

2. Relación características técnicas prezo-equipo: ata 10 puntos.

3. Características do servicio de asistencia técnica e mantemento do equipo: ata 15 puntos.

4. Posibilidade de incorporar no futuro ós equipos melloras tecnolóxicas sen cargo adicional para o usuario: ata 5 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes

das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas C do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a partura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1997.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

3782