Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía, delegada para área de urbanismo de data 18 de abril do ano en curso adoptouse resolución do seguinte teor:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa redactado polos servicios municipais para a expropiación do galpón anexo á casa número 20 da rúa Río Traba.

2. Optar, para a execución do citado proxecto, polo procedemento de taxación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo termo dun mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios en prensa e diarios oficiais, así como remitir notificacións persoais a quen neste momento aparecen como interesados, nos termos que prevé o artigo 219.4º do texto refundido da Lei do solo, para que durante o dito prazo os interesados poidan consulta-lo proxecto de expropiación nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña, de luns a venres, de 12 a 13.30 horas, e presentar cantas

alegacións estimen oportunas para defende-los seus dereitos.

Alcaldía da cidade da Coruña, dezaoito de abril de mil novecentos noventa e sete.

Salvador Fernández Moreda

P.D.

Alcalde

3704