Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipos de radiodiagnóstico para os hospitais comarcais Costa da Morte (Cee) e Barbanza (Ribeira). (SCC 18/1997).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, servicio de subministracións, mantemento e instalacións (Dirección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 67, fax (981) 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: hospitais comarcais Costa da Morte (Cee) e Barbanza (Ribeira).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: equipos de radiodiagnóstico.

-Orzamento total: douscentos sesenta e sete millóns de pesetas, IVE incluído (267.000.000 de pesetas, IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: á totalidade. Non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente exposto: 30 días a partir da data de notificación da adxudicación.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 23 de xuño de 1997.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 30 de xuño de 1997.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 11 de xullo de 1997, ás 10 horas, nas dependencias do Servicio Galego de Saúde.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

* Lote n 1: 3.180.000 ptas.

* Lote nº 2: 2.160.000 ptas.

Licitando ós dous lotes: 5.340.000 ptas.

Definitiva:

* Lote nº 1: 6.360.000 ptas.

* Lote nº 2: 4.320.000 ptas.

Licitando ós dous lotes: 10.680.000 ptas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Información e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubri-la enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e caraterísticas técnicas do equipo ofertado: ata 70 puntos.

2. Relación características técnicas-prezo equipo: ata 10 puntos.

3. Características do servicio de asistencia técnica e mantemento do equipo: ata 15 puntos.

4. Posibilidade de incorporar no futuro ós equipos melloras tecnolóxicas sen cargo adicional para o usuario: ata 5 puntos.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 7 de maio de 1997.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1997.

Antonio Fernández-Campa

Director xeral de Recursos Económicos

4104