Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1997, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público para a contratación da prestación do servicio de televisión e telefonía neste hospital, polo procedemento aberto. (Expediente 2/1997).

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas con

forme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG do 6 de xuño), convoca o concurso público nº 2/1997, polo procedemento aberto.

1. Obxecto: a contratación da instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía no Hospital Montecelo, cun canon mínimo de mil pesetas/ano, por teléfono e televisión. Imposto sobre o valor engadido incluído.

2. Prazo de execución: o servicio obxecto do presente concurso público executarase a partir da data de formalización, cunha duración de cinco (5) anos contados a partir da dita data, podendo prorrogarse antes da súa finalización ou da de calquera das prórrogas por períodos iguais de tempo, e por mutuo acordo das partes.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria, poderá ser solicitada na sección de concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n, CP 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono (986) 80 00 17, ou fax (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

4. Fianzas: garantía provisional por un importe de cen mil pesetas (100.000 ptas.), que se constituirá conforme co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previsos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p.10).

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admiten.

13. Anuncios: os gastos derivados dos anuncios oficiais, ou en medios de comunicación, do presente concurso público serán por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 30 de abril de 1997.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo

de Pontevedra

3815