Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos fabricantes de compoñentes de automoción que dispoñan de instalación de producción en Galicia e que polo menos dous tercios da facturación da empresa proceda directa ou indirectamente da industria de compoñentes da automoción.

Asinan a acta de constitución: Pedro Torréns Calle en representación das empresas Allibert Orense, S.A. e Lignotock, S.A. e trinta e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

3771