Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 16 de abril de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a proposta de resolución referente ó expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada a Manuel J. Bouzas Formoso e María Dolores Castro Rey (C-991-CAD).

Tendo en conta que a proposta de resolución que a continuación se transcribe lle foi remitida ós interesados o 16-12-1996, e foi devolta polo servicio de correos a notificación remitida a Manuel J. Bouzas Formoso, que sinalou como motivo de devolución a ausencia do destinatario do seu domicilio, e non foi retirada no prazo regulamentario é polo que, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), se pon en coñecemento de Manuel J. Bouzas Formoso, con último enderezo coñecido en Santiago de Compostela (A Coruña) r/ Juana Nogueira nº 14-A 4º a seguinte proposta de resolución que se formula para cumpri-lo disposto no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, en relación coa concesión administrativa outorgada a Ramón Fernández Martínez por Orde do 28-2-1973 e na actualidade de Manuel J. Bouzas Formoso e María Dolores Castro Rey, por cambio de dominio autorizado o 13-3-1980 (BOE do 7 de maio) para a explotación do seguinte establecemento:

Establecemento: parque de cultivo.

Especies autorizadas: ameixa e berberecho.

Localización: zona marítimo-terrestre, Lt. 42º 47' 2'' N e Lg. 9º 3' 2'' W. Distrito marítimo de Muros.

Data de concesión: 28-2-1973 (BOE nº 82).

Remata a vixencia: 5-4-1983.

Resultando que con data do 3-11-1995 a Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña ordenou a incoación do expediente de caducidade da citada concesión por levar inactivo o parque un tempo superior a dous anos.

Resultando que o acordo de iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento do instructor lle foron remitidos ós interesados o 6-11-1995, sen que se formulasen alegacións contra o seu contido dentro do prazo concedido.

Resultando que con data do 8-10-1996 foi publicada no DOG e o 1-10-1996 exposto no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido de Manuel J. Bouzas Formoso, a substitución do instructor, por causa de forza maior, así como a continuación da tramitación do expediente de caducidade, sen que tampouco se formulasen alegacións dentro do prazo establecido para iso.

Considerando que o expediente se tramitou de conformidade co disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Considerando que segundo informe do biólogo da Delegación Comarcal de Ribeira do 30-1-1995, sobre varias visitas realizadas ó establecemento, este non se atopaba en explotación, sendo esta causa de caducidade das previstas no artigo 72, apartado a) da Lei 6/1993, do 11 de maio (DOG do 31 de maio), de pesca de Galicia.

Considerando que en virtude das facultades que lle confire a Lei 6/1993, de pesca de Galicia, é competencia da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a adopción da resolución axustada.

Vista a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), a Lei

6/1993, de pesca de Galicia, do 11 de maio (DOG do 31), a Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas, e Real decreto 147/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas, o Decreto 423/1993, do 17 de decembro (DOG do 20 de xaneiro de 1994), polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, e demais disposicións aplicables ó caso.

Proponse que se declare a caducidade da concesión administrativa outorgada a Ramón Fernández Martínez por Orde do 28 de febreiro de 1973 e transferida, por cambio de dominio do 13 de marzo de 1980 (BOE do 7 de maio) a Manuel J. Bouzas Formoso e María Dolores Castro Rey.

Notifíqueselles esta proposta de resolución ós interesados, indicándoselles que o expediente está á súa disposición nesta delegación territorial, para o seu exame e alegacións durante un prazo de 15 días hábiles contados a partir da súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios do concello do último enderezo coñecido de Manuel J. Bouzas Formoso suxeito a expediente de caducidade.

A Coruña, 16 de abril de 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

Beatriz Pais Comino

Instructora

3821