Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 8 de abril de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fan públicas as notificacións das propostas de resolución en expedientes sancionadores C-1375/1996 e C-1749/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan proposta de resolución en expedientes sancionadores, instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ribeira (Praza dos Mariñeiros, s/n), e presentar ante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-1375/96.

Denunciado: Francisco López Pérez.

Domicilio: Escarabote, 34, Boiro.

Nº de expediente: C-1749/96.

Denunciado: Benito López Abuín.

Domicilio: r/ Vista Alegre, 139-3º, Santiago de Compostela.

A Coruña, 8 de abril de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

3828