Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 13 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se notifica a Resolución do 14 de febreiro de 1997 denegatoria da expedición da carta de artesán, solicitada por Alicia Blanco Fernández (expediente IN201A-96/104-0).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e por non poderse practica-la notificación no domicilio que consta no expediente, sito en Cota nº 77, do concello de Friol (Lugo), xa que a interesada se ausentou del, tal e como comunica o servicio de correos, pola presente notifícaselle a Alicia Blanco Fernández a resolución dictada pola Dirección Xeral de Industria o 14 de febreiro de 1997, que textualmente di:

«Vista a solicitude presentada por Alicia Blanco Fernández para a obtención da carta de artesán na actividade de imaxinería,

Resultando que, o día 21-6-1996, Alicia Blanco Fernández presentou no rexistro xeral da Consellería de Industria e Comercio, un escrito no que solicita a expedición da carta de artesán para as actividades de imaxinería, xuntándolle a documentación que considera oportuna para acredita-la súa condición de artesá.

Resultando que, trasladada a referida solicitude á Comisión Galega de Artesanía, o día 6 de febreiro de 1997, a citada comisión acorda propoñer á Dirección Xeral de Industria que se desestime a devandita solicitude, xa que Alicia Blanco Fernández foi requirida con anterioridade pola comisión para que especificara detalladamente a súa actividade. A comisión acorda, por unanimidade, denegarlle a carta de artesán, xa que considera que, vista a descrición do labor que desenvolve, non constitúe ningunha acti

vidade artesanal das recollidas na Orde do 12 de xullo de 1993.

Considerando que, a teor do disposto no parágrafo segundo, punto 2, apartado B, do artigo 1º do Decreto 145/1993, polo que se regula o procedemento de obtención da carta de artesán e mestre artesán e o Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, a Dirección Xeral de Industria é a competente para expedi-la carta de artesán, por proposta da Comisión Galega de Artesanía.

Considerando que, a Comisión Galega de Artesanía propón a Dirección Xeral de Industria, con data do 7 de febreiro de 1997, que se desestime a solicitude de expedición da carta de Artesán a Alicia Blanco Fernández para a actividade de imaxinería.

Vistos os preceptos legais citados e demais de pertinente e xeral aplicación e de acordo coa proposta formulada pola Comisión Galega de Artesanía.

Esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Denega-la carta de artesán, solicitada por Alicia Blanco Fernández para a actividade de imaxinería.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a presente notificación».

E para que conste e lle sirva de notificación a Alicia Blanco Fernández, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, 13 de maio de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3931