Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/53-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: ampliación dun módulo a 132 kV na Subst. de Intasa.

Situación: San Sadurniño.

Descricións técnicas: proxecto de ampliación da subestación a 132 kV, de Intasa, en San Sadurniño, consistente en: novo módulo de liña a 132 kV, Cedeira, contendo a seguinte aparamenta: pórtico en perfís de aceiro para substentación embarrado de aluminio, interruptor trifásico, seccionadores de liña e de barras para 145 kV, trafos de intensidade e tensión. Aparellos de mando, control, sinal e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 22 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3837