Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52657/1).

Para os efectos previstos no Decreto 2671/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en rúa Severo Ochoa, 2, A Coruña, para a autorización administrativa da instalación seguinte:

-Proxecto de ampliación da subestación a 66 kV, de Porto do Son, consistente en:

-Novo módulo de liña 66 kV Barbanza, contendo a seguinte aparamenta: interruptor tripolar en SF6, seccionadores tripolares, trafos de intensidade e de tensión.

-Aparellos de mando, control, sinal e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentalas súas reclamacións ou oposicións, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 22 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3730