Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/37-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2819/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Made Energías Renovables, S.A.

Enderezo social: Avda. de Burgos, 8-planta, 18, 28000 Madrid.

Denominación: Subest. de Transf. 130/20 kV. Parque eólico de Bustelo.

Situación: As Pontes de García Rodríguez.

Descricións técnicas: subestación eléctrica a 20/132 kV en parque eólico de Bustelo (As Pontes de García Rodríguez) constituída por instalación de 130 kV. Pórtico metálicos sustentación embarrados aluminio. Interruptores automáticos, seccionadores rotativos, autoválvulas, trafos de intesidade e tensión a 145 kV, dous transformadores de potencia de 30 MVA e 132/21 kV. Instalación de 20 kV. Pórticos metálicos soporte aparellos e ferraxes. Autoválvulas a 20 kV. Celas prefabricadas de 24 kV. Dous tranformadores de 50 kVA e tensións 20/0,380-0,220 kV. Sistemas para mando, control, protección e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3731