Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.048

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 11 de marzo de 1997, da Delegación Especial de Galicia, de notificación do acordo de adscrición.

Por este edicto e debido a que os debedores comprendidos na seguinte relación aparecen como descoñecidos nos enderezos que figuran nos rexistros da Administración tributaria, fáiselles saber que:

De acordo coas atribucións que lles confire o apartado sétimo da Resolución do 26 de abril de 1995 da A.E.A.T. (BOE do 28 de abril), pola que se estructuran os órganos de recadación e lles son atribuídas as competencias, o delegado especial da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Galicia, con data do 11 de marzo de 1997, resolveu:

Primeiro.-Encomendar á dependencia rexional de recadación desta delegación especial a xestión recadatoria das débedas correspondentes ás seguintes persoas xurídicas:

-Construcciones Oitaven, S.L. (NIF: B36653970). r/ Llorente, 28-baixo, Vigo (Pontevedra).

-Construxavic, S.L. (NIF: B36753721). r/ Velázquez Moreno, 9-Esc. 5, Of. 3A, Vigo (Pontevedra).

-Río Deva Construcciones, S.L. (NIF: B36689271). r/ Tomás Alonso, 68-baixo, Vigo (Pontevedra).

-Río Mouro, S.L. (NIF: B36710838). r/ Quijote, 1, Vigo (Pontevedra).

Segundo.-A partir da recepción desta comunicación, as funcións conducentes á realización dos créditos e dereitos anteriores deixarán de ser exercidos polos órganos da Dependencia de Recadación da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Vigo, asumindo directamente esas funcións a devandita Dependencia Rexional de Recadación.

A Coruña, 11 de marzo de 1997.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

3564