Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.049

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO, da Delegación Especial de Galicia, de notificación da providencia de constrinximento.

Por este edicto e debido a que os debedores comprendidos na seguinte relación aparecen como descoñecidos nos enderezos que figuran nos rexistros da Administración tributaria, fáiselles saber que:

Notifícaselles ós debedores, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, BOE do 3 de xaneiro), que por non ser satisfeitas as débedas de refe

rencia no prazo de ingreso voluntario, en virtude do artigo 127 da Lei xeral tributaria, o xefe da dependencia rexional de recadación, acordou:

«En uso das facultades que confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido o recargo de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

1. Datos do contribuínte:

B36653970.

Construcciones Oitaven, S.L.

r/ Llorente, 28-baixo, Vigo (Pontevedra).

Concepto, descrición,

obxecto tributario

Clave liquidación

F. Prov.

constrinximento

Importe

principal

Recargo

constrinximento

Total

Sociedades actas de inspecciónA546009602000343812-3-1997168.880.11733.776.023202.656.140
IVE actas de inspección 1989A546009602000344912-3-1997129.504.32625.900.865155.405.191

2. Datos do contribuínte:

B36753721.

Construxavic, S.L.

r/ Velázquez Moreno, 9-E5, Of. 3A, Vigo (Pontevedra).

Concepto, descrición,

obxecto tributario

Clave liquidación

F. Prov.

constrinximento

Importe

principal

Recargo

constrinximento

Total

Sociedades actas de inspección 1994A546009602000346012-3-199717.292.7223.458.54420.751.266
IVE actas de inspección 1994A546009602000345012-3-199725.830.2845.166.05730.996.341

3. Datos do contribuínte:

B36892271.

Río Deva Construcciones, S.L.

r/ Tomás Alonso, 68-baixo, Vigo (Pontevedra).

Concepto, descrición,

obxecto tributario

Clave liquidación

F. Prov.

constrinximento

Importe

principal

Recargo

constrinximento

Total

IVE actas de inspección 1990A546009602000347112-3-199764.785.95812.957.19277.743.750

4. Datos do contribuínte:

B36710838.

Río Mouro, S.L.

r/ Quijote, 1, Vigo (Pontevedra).

Concepto, descrición,

obxecto tributario

Clave liquidación

F. Prov.

constrinximento

Importe

principal

Recargo

constrinximento

Total

IVE actas de inspección 1991A546009602000348212-3-19979.792.8121.958.56211.751.374

Recursos.

Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó do recibo desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no

mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

Motivos de impugnación.

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

-Aprazamento.

-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión dela.

-Defecto formal no título expedido para a execución.

Suspensión do procedemento.

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro).

Solicitude de aprazamento.

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo.

A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da A.E.A.T. do territorio en que se deba efectua-lo pagamento.

Lugar de pagamento.

Na entidade que presta o servicio de caixa na Delegación de Administración da A.E.A.T.

Xuros de demora.

As cantidades debidas, excluído o recargo de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

Custas.

En caso de se produciren custas no procedemento, a Administración cargaralle o seu importe ó debedor,

conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para efectua-lo ingreso.

(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).

A) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediatamente hábil posterior.

B) Recibida a notificación entre os días 16 e último de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

Comparecencia en forma do interesado.

De conformidade co establecido no artigo 103.3º do Regulamento xeral de recadación, advírteselles ós debedores notificados mediante este anuncio, que poden comparecer no expediente executivo persoalmente ou mediante o seu representante. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen presentarse os interesados, serán dados por notificados de tódalas sucesivas dilixencias, ata que remate a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que os asiste a comparecer.

3700