Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

ANUNCIO.

Tramitado o correspondente expediente administrativo, o Concello do Rosal e co voto favorable da maioría absoluta dos membros desta Corporación, aprobou en sesión do Pleno, celebrada o día 12 de abril de 1997, o proxecto de normas subsidiarias do termo municipal do Rosal, unha vez que o citado expediente foi informado favorablemente pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co disposto na Lei 7/1995 da Xunta de Galicia.

O que se fai público para os efectos recollidos no artigo 8.d da lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo da Xunta de Galicia; faise constar do mesmo xeito que publicado o presente edicto no DOG, o concello procederá á publicación no BOP das normas urbanísticas (artigo 70 da Lei básica de réxime local modificada pola Lei 34/1994, do 30 de decembro), non entrando en vigor ata a publicación íntegra do seu texto e transcorrido o prazo de 15 días indicado no artigo 65.2º do mesmo corpo legal.

Contra o devandito acordo, que é firme en vía administrativa, os interesados poderán presenta-lo oportuno recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto, tendo que comunicarse a súa interposición ó Concello do Rosal, segundo dispón o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a súa acreditación perante o órgano xurisdiccional antes citado.

O Rosal, 12 de abril de 1997.

José Luis Rodríguez Martínez

Alcalde

3565