Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (6/1997).

Anúnciase que a comisión municipal de Goberno en sesión ordinaria do día 8 de maio de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do Camiño de Abaixo, denegando o do Camiño do Medio na Lonia de Arriba, de Ourense por instancia de Luis Antonio Gómez Aracil, debendo fixar aval o Servicio de Enxeñería.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 16 de maio de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

3626