Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

APROBACIÓN definitiva da modificación puntual do PXOU na UA 22 e parque Rosalía de Castro.

O Pleno da Corporación, en sesión do 14-4-1997, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Estima-lo informe subscrito polo Servicio Provincial de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, comprensivo das suxestións e observacións determinadas pola vixente normativa reguladora de costas, en canto supoñen determinacións substantivas de obrigado cumprimento, de aplicación inmediata á utilización e aproveitamento do dominio público marítimo-terrestre e as súas servidumes e limitacións.

Segundo.-Desestima-las alegacións formuladas durante a fase de información pública do expediente de Modificación Puntual do PXOU, subscritas pola Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda, toda vez que este procedemento devén do exercicio de competencias urbanísticas atribuídas a esta Administración municipal como é a actividade planificadora e de ordenación municipal, sen prexuízo do control de legalidade outorgado á Administración autonómica ou á do Estado en virtude da lexislación sectorial que incida sobre o territorio.

Terceiro.-Prestar aprobación definitiva ó texto refundido do proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana no ámbito da Unidade de Actuación nº 22 e parque de Rosalía de Castro, nos termos resultantes das suxestións e observacións formuladas polo Servicio Provincial de Costas, dispoñendo a publicación do acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e a das súas normas ou ordenanzas no BOP para efectos da súa executividade e eficacia.

Cuarto.-Remitir copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do documento aprobado definitivamente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e comunica-lo acordo de aprobación definitiva á Delegación do Goberno en Galicia, Servicio Provincial de Costas e Delegación de Facenda de Pontevedra ofrecéndolle-lo réxime de recursos procedentes.

Quinto.-Pór á disposición da Xunta de Galicia os terreos necesarios para os accesos e ramplas do Pazo de Exposicións, Congresos e Auditorio e para a execución das obras do Pavillón Feiral e o seu contorno, os que resultan aptos para a execución das obras proxectadas en cumprimento do acordado na sesión plenaria do 17-1-1997.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo

da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 17 de abril de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

3850