Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEDA

INFORMACIÓN pública.

O Concello de Neda acordou aprobar inicialmente o documento de tramitación do Plan Parcial de Ordenación do Sector Residencial de San Isidro, SAU-1, recollido no artigo 66 das normas subsidiarias municipais de planeamento.

En cumprimento das disposicións vixentes procédese á apertura do trámite de información pública, por prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia. Durante o dito prazo atópase exposto nas oficinas municipais, e á disposición de calquera que desexe examinalo, podendo presentarse as alegacións que se consideren oportunas.

Vila de Neda, 30 de abril de 1997.

O alcalde

Rubricado

4020