Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para o servicio de limpeza na Casa do Concello.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: L97/3.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servicio de limpeza.

b) Número de unidades que se entregarán:

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de execución: dependencias municipais sitas na Caso do Concello.

e) Prazo de execución: catro anos, que se prorrogarán ata un máximo de seis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 24.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 480.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

1ª) Entidade: véxase punto 1.

2ª) Domicilio: véxase punto 6 b.

3ª) Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: anual.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (oferta económica, documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a prestación do servicio de limpeza na Casa do Concello.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 17 de marzo de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

97-3627