Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/53-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Curro.

Situación: concello de Barro.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.924 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio nº 94 da L.M.T. Tibo-Arco, ata o apoio existente situado xunto ó C.T. de Curro. Concello de Barrio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 23 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3727