Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. derivación a C.T. de Castro-Seixo.
Situación: concello de Marín.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 298 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio nº 137 da L.M.T. Marín-Bueu ata o C.T. de Castro-Seixo. Concello de Marín.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 23 de abril de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
3726