Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/52-4).

Ós efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Muíños-Depuradora Lagares.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea-subterránea, a 15/20 kV, a L.M.T. aérea, de 365 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio nº 19 da L.M.T. 42.06 Balaídos-Coruxo, desde o que se realiza a derivación ó C.T: Naites, rematando no apoio nº 3 desde o que a liña contiúa subterránea. L.M.T. subterránea de 205 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V., desde o apoio nº 3 da liña citada antes, ata o C.T. que se proxecta en Muíños, concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. aéreo-subterránea, a R.B.T. aérea de 45 m de lonxitude con conductor tipo R.Z. a R.B.T. subterránea de 440 m de lonxitude con conductor tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 18 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3728