A) Obra.
1. Reposición de varandas, beirarrúas e iluminación pública na Ponte Pedriña OU-402, rúa Erbedelo.
Clave: RC/OU/97.7.
Orzamento: nove millóns trescentas cincuenta e catro mil cincocentas vinteoito pesetas (9.354.528).
Prazo de execución: 3 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.
Garantía provisional: 187.091.
2. Reposición de varandas, beirarrúas e iluminación pública na Ponte de Marcelo Macías N-540, Ourense.
Clave: RC/OU/97.6.
Orzamento: corenta e dous millóns cento sesenta e dúas mil oitocentas setenta e sete pesetas (42.162.877).
Prazo de execución: 12 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.
Garantía provisional: 843.258.
B) Documentos de interese para los licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.
A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
D) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.
E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
F) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.
G) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 1997.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda
3729