Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto e adxudicación por poxa das obras que se citan.

-Título do proxecto: RC-LU-97.02 Limpeza de noiros, fochas e perfilado de beirarrúas. LU-170 Baralla a Baleira de Pravia. C-630 a Lugo (tramo antiguo).

Orzamento: 31.033.071.

Clasificación: grupo G, Subgrupo 6, categoría c.

-Título do proxecto: RC-LU-97.03. Limpeza de fochas, noiros e perfilado de beirarrúas. LU-124 de Mondoñedo a Vilameá.

Orzamento: 47.138.217.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

-Título do proxecto: RC-LU-97.05 Limpeza de noiros, beirarrúas e perfilado. LU-170 Ramal N-VI a Moman. C-640 Viveiro Betanzos.

Orzamento: 40.461.049.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

-Título do proxecto: RC-LU-97.08 Limpeza de fochas, e roza. LU-621 camiño A Pobra S. Xulián a Baralla. LU-641 camiño Castroncan a Toldaos. LU-642 camiño Froián a Ferreira do Incio. LU-634 Camiño de Samos a Pedrafita.

Orzamento: 27.489.657.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os correspondentes proxectos das obras que se relacionan e demais documentos de interese para os licitadores, estarán a disposición destes na Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na Ronda da Muralla, 131 (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% salvo no disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que

non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do quinto día que non coincida en sábado, contado a partir do último día da presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas, a suficiencia económica deberá xustificarse de acordo co previsto no artigo 16 da Lei 13/1995 (Admón. públicas). O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 19 de maio de 1997.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial de Lugo

4031