Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 4.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da providencia de incoación do expediente sancionador I-37/1997 e once máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador (I-37/97, I-60/97, I-64/97, I-76/97, I-79/97, I-97/97, I-98/97, I-99/97, I-110/97, I-111/97, I-125/97, I-135/97) por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino, podendo recusalos en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta

notificación, para que poida examina-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para que aporte por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente é competente, por razón da contía da multa, o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario poderá pór fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio de DCIF, sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 23 de abril de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

I-37/97Antonio Conde Barros

Pozo Vello, 4-Arcade Arriba

36691 Soutomaior

Abandono dun vehículo.Art. 137 e) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF. 50.000 ptas.
I-60/97Severino Ferro Dopazo

Barcelona, 81

36211 Vigo.

Incendio por neglixencia en queima autorizada.Art. 138 c) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF. 50.000 ptas.
I-64/97.4J. Antonio Alves Fernández

Baixada á A Salgueira, 6-2º

36204 Vigo

Vertido de lixo no monte.Art. 137 e) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF. 50.000 ptas.

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

I-76/97Celeste Mª Vasconcelos Pereira

Eugenio Kraff, 22-baixo

36210 Vigo

Abandono dun vehículo.Art. 137 e) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF. 50.000 ptas.
I-79/97Fernando Arias Torrado

Mato Calderón, 41-1º A

36995 Poio

Abandono dun vehículo.Art. 137 e) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF. 50.000 ptas.
I-135/97Mn. del Pilar Rivas Ameal

Santiña, 89 baixo

36005 Pontevedra

Abandono dun vehículo.Art. 137 e) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF. 50.000 ptas.
I-97/97Evaristo Cruces González

Sobredo-Soutelo

36460 Salceda de Caselas

Escape de queima sin autorización.Art. 137 b) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF. 50.000 ptas.
I-98/97Fernando Jiménez Montoya

O Vao, 13

36163 Poio

Abandono dun vehículo.Art. 137 e) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF. 50.000 ptas.
I-99/97Enrique Jiménez Montoya

O Vao, 13

36163 Poio

Abandono dun vehículo.Art. 137 e) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF. 50.000 ptas.
I-110/97Amancio Novoa Sieiro

Codeseda, s/n

36680 A Estrada

Abandono dun vehículo.Art. 137 e) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF. 50.000 ptas.
I-111/97J. Luis Rey Fernández

Beiriña, 14

36212 Vigo

Vertido de lixo no monte.Art. 137 e) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF. 50.000 ptas.
I-125/97.3Aurea Mn. Martínez Villarino

Pza. Eugenio Fadrique, 8-9º

36208 Vigo

Facer unha fogueira no monte sen autorización.Art. 137 b) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF. 50.000 ptas.

3788