Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 4.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores de incendios forestais IF 72/1997 e 78/1997, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE 13-2-1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Fernando Rengifo Méndez-Núñez, funcionario desta delegación; poderá ser recusado en calquera momento de expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

ANEXO

-Expediente: nº IF 72/1997.

Denunciado: José Antonio Rábade Rodríguez.

Último enderezo coñecido: r/ Ronda do Carme, nº 70, Lugo.

Feitos imputados: depositar un vehículo en zona forestal, marca 600 matrícula LU-27006; estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 136 j), 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

-Expediente: nº IF 78/1997.

Denunciado: Pascual López Díaz.

DNI: 76.550.905.

Último domicilio coñecido: r/ Mosteiro, nº 6, Cervantes, Lugo.

Feitos imputados: depositar un vehículo entre o mato, marca SEAT 1500 matrícula B-463628; estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigos 136 j), 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

Lugo, 28 de abril de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

3763