Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 4.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador I-362/96.2 e tres máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993), e unha vez producida a firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 23 de abril de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

I-362/96.2Abraham Piñeiro Rial

José Mato, 20-1º

Vigo

Facer lume en época prohibida.Art. 138 a) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF.10.000 ptas.
I-429/96.1Daniel Montoya Montoya

Camiño Longo, 15

Ourense

Vertido de lixo no monte e queima en época prohibida.Art. 137 e) e 138 a) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF.10.000 ptas.

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

I-429/96.2Mª Sol Giménez Montoya

Camiño Longo, 15

Ourense

Vertido de lixo no monte e queima en época prohibida.Art. 137 e) e 138 a) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF.10.000 ptas.
I-429/96.5Fabián Montoya Montoya

Chavasqueira, s/n

Ourense

Vertido de lixo no monte e queima en época prohibida.Art. 137 e) e 138 a) do Regulamento á LIF.Art. 139 do Regulamento á LIF.10.000 ptas.

3576