Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 4.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4725 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica que se cita:

Peticionario: Onte, S.A. San Xulián da Veiga, (Sarria).

Finalidade: instalación de coxeración de enerxía eléctrica en factoría de madeira.

Localización: San Xulián da Veiga, Sarria.

Características: anteproxecto da central de coxeración, motor-xerador: 2x1521 kW-2x1825 kVA; combustibles gasóleo: C.T. 2.000 kVA, 20/0.380 kV.

Orzamento: 235.000.000 de ptas.

Todas aquelas persoas oue entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións consideren oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual

Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 19 de maio de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3575