Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 4.932

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de maio de 1997 pola que se clasifica como de interese industrial a Fundación Cel-Iniciativas por Lugo.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Cel-Iniciativas por Lugo, con domicilio en Lugo.

Supostos de feito.

1. María Lourdes Pardo Rodríguez en representación da fundación, en escrito do 7 de marzo de 1997, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Lugo, o día 21 de xaneiro de 1997, ante o notario do Colexio da Coruña, Mario Alfonso Calvo Alonso co número trescentos trinta e tres do seu protocolo por Guillermo Sánchez Vilariño, Francisco Javier Fernández Martínez, José Luis González Queipo, José Luis Fernández Núñez, José María López Bourio, Antonio Rodríguez Freire, Manuel González Granxeiro, José Sánchez Bergantiños,

Nivardo Rego Valle, Blanca García Montenegro, Francisco Martínez Cortiña, Rogelio Rafael Charro Méndez, Féliz Arija Val, José Luis Díaz Varela, Eduardo Barbeito Fernández, Adalberto Álvarez González, Antonio Fernández Fernández, Eduardo Jiménez Domínguez, Hipólito Trinidad Losada, Manuel López Insua, José Andrés Estévez Méndez, José Onega Novo, José Luis Vilanova Vila, Antonio Martínez Vázquez, Arturo Fuentes Domenech, Manuel Pérez Masero, Jorge Ruiz de Gauna Peláez, José Eduardo Arias Ferreiro, José Novo Rodríguez, José María Castro Ramos, Marcelino González González, Francisco J. Panadero Novoa, José Ricardo Fernández Besteiro, María Teresa Carballo Barro, Carlos Sanmartín Vázquez, Carlos González Casas e José Ramón Fernández Rodríguez, interveñen Guillermo Sánchez Vilariño en representación da entidade Confederación de Empresarios de Lugo, Francisco Javier Fernández Martínez en nome e representación, como apoderado da entidade Caja de Ahorros de Galicia, José Luis González Queipo

en nome e representación, como apoderado, da entidade Banco Pastor, S.A., José Luis Fernández Núñez, en representación da entidade Federación de Asociaciones de Comercio de Lugo, José María López Bourio en representación da entidade Asociación de Empresarios de Industrias de Ebanistería de Lugo, Antonio Rodríguez Freire, en representación da entidade Asociación de Empresarios de la Primera Transformación de la Madera (Rematantes y Aserradores), Manuel González Granxeiro-Rodríguez, en representación da entidade Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo, José Sánchez Bergantiños, en representación da entidade Asociación Empresarial Textil de la Provincia de Lugo, Nivardo Rego Valle, en representación da entidade Asociación Autónoma de Empresarios de Instalaciones y Reparaciones Eléctricas de la Provincia de Lugo, Blanca García Montenegro, en nome e representación, como presidenta do Consello de Administración y conselleiro-delegado, da compañía mercantil denominada El Progreso de

Lugo S.L., Francisco Martínez Cortiña en nome e representación como representante legal e administrador solidario da sociedade Almacenes Martínez S.L., Rogelio Rafael Charro Menéndez en nome e representación, como apoderado, da entidade Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., Félix Arija Val en nome e representación como representante legal e asesor médico adxunto á presidencia da sociedade Policlínico Lucense, S.A., José Luis Díaz Varela en nome e representación, como representante legal, da entidade mercantil Jecsa, S.L., Eduardo Barbeito Fernández en nome e representación, como representante legal e administrador único, da sociedade Grupo Cetssa Seguridad S.A., Adalberto Álvarez González en nome e representación como representante legal e presidente do consello de administrción da sociedade Sementes de Galicia S.L., Antonio Fernández Fernández en nome e representación, como representante legal e administrador único, da sociedade mercantil Transportes Toñin, Eduardo Jiménez

Domínguez en nome e

representación como representante legal da sociedade Magnesitas de Rubian, S.A:, Hipólito Trinidad Losada como administrador solidario da compañía mercantil Hipólito, S.L., Manuel López Insua, en nome e representación da sociedade López Pigueiras, S.A., José Andrés Estévez Méndez en nome e representación da sociedade Seur Lugo S.A., José Onega Novo en nome e representación, como vicepresidente do consello de administración da compañía mercantil denominada Onemons, S.A., José Luis Vilanova Vila en nome e representación, como representante legal, da compañía mercantil denominada Ovidio Villar, S.A. Construcciones Ovisa, Antonio Martínez Vázquez como administrador único da compañía mercantil Martínez Automoción S.L., Arturo Fuentes Domenech como conselleiro delegado da compañía mercantil Transportes Ramallal, S.A., Manuel Alejandro Pérez Masero como apoderado da compañía mercantil Computer-3, S.L., Jorge Ruiz de Gauna Peláez en nome e representación , como administrador único, da

compañía mercantil R.G.P. Management, S.L., José Eduardo Arias Ferreiro en nome e representación, como administrador único, da entidade mercantil Industrias Plásticas Arias, S.L., José Novo Rodríguez en nome e representación como conselleiro da compañía mercantil Puerto de Celeiro, S.A., José María Castro Ramos en nome e representación, como conselleiro delegado e presidente do consello de administración, da entidade Granja Ramil, S.A., Marcelino González González en nome e representación, como administrador solidario da sociedade Confitería Madarro, S.L., Francisco J. Panadero Novoa en nome e representación, en calidade de administrador único, da entidade mercantil denominada Diseños y Sistemas Gráficos, S.L., José Ricardo Fernández Besteiro en nome e representación, como administrador solidario, da empresa Fertieuropa, S.L., María Teresa Carballo Barro en nome e representación, como administradora, da compañía mercantil Asin Lucense, S.L., Carlos Sanmartín Vázquez en nome e

representación, como administrador da compañía mercantil denominada Publicidad Sagon, S.L., Carlos González Casas en nome e representación, como conselleiro delegado da compañía mercantil denominada Peña Burela, S.A., José Ramón Fernández Rodríguez en nome e representación, como apoderado, da entidade mercantil Radio Record Montajes, S.L.

3. Segundo consta no artigo cinco dos seus estatutos o obxecto da fundación é agrupar a diferentes organizacións empresariais, empresarios individuais e entidades mercantís empresariais e distintas entidades da provincia de Lugo ou vinculadas a ela, co obxecto de fomentar e promover, a través da fundación, investimentos na provincia, así como calquera iniciativa para a promoción e desenvolvemento de Lugo e a súa provincia, poñendo en marcha, coordinando e asesorando tales actuacións.

4. O padroado da fundación estará integrado polos membros que se recollen no artigo 19 dos estatutos,

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese industrial da Fundación Cel-Iniciativas por Lugo, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese industrial e a súa adscrición á Consellería de Industria e Comercio.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 12 de maio de 1997.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese industrial a Fundación Cel-Iniciativas por Lugo e adscribila á Consellería de Industria e Comercio que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

4122